Thursday 16 de May de 2024

O desfile dos ‘xenerais da Ulla’ percorreu hoxe a Feira do Entroido polas rúas de Fonte Díaz


A capital de Touro, Fonte Díaz, viviu hoxe a súa ‘Feira do Entroido’, unha tradicional cita do carnaval da comarca da Ulla. E os ‘xenerais da Ulla’, procedentes da parroquias de Bama e Fao, foron protagonistas. Tamén foron protagonistas os personaxes do entroido de Touro, como o Vello dos Cornos. Pasadas as doce e media concentráronse os ‘xenerais’ diante da sede do Concello de Touro, que luciron os seus coloridos sombreiros baixo un asollado día de inverto. O vento impediu que poideran sair con eses coloridos sombreiros durante o desfile.

Numeroso público, veciños e visitantes, concentráronse nos arredores para coñecer aos protagonistas deste orixinal entroido rural. Tamén participaron con disfraces os nenos e nenas os nenos e nenas do PAI e os maiores que acuden ao Centro Social. Todo amenizado coa música da Banda Isabel II de Touro. Tamén participaron os membros da Asociación Cultural A Pinguela de Bama e a charanga Os atrevidos.

Os ‘xenerais’, procedentes das parroquias de Bama e Fao, fixeron a marcha polas rúas de Fonte Díaz. Ao longo do percorrido polas rúas de Fonte Díaz lanzaron os seus ‘viva’0. No desfile tamén participou todo aquel que chegou disfrazado. E tamén estaban presentes maiores e pequenos con todo tipo de adornos festivos para celebrar o entroido.